InicioSociedadeUnha tinturería de Lugo ofrécese a lavar gratis os uniformes das forzas...

Unha tinturería de Lugo ofrécese a lavar gratis os uniformes das forzas de seguridade durante o estado de alarma

PUBLICADA O

- Advertisement -

Non cesan de aparecer mostras de colaboración cidadá durante estes días raros. Cadaquén aporta o seu gran de area da maneira que pode. Os responsables de Tintorería Lucense anunciaron nas súas redes que lavarían os uniformes dos corpos e forzas de seguridade durante o estado de alarma sen ningún tipo de custo.

“Non leves o uniforme a lavar á casa. Evita posibles contaxios“, sosteñen nesta tinturería, emprazada na rúa Quiroga de Lugo. Fano, en primeiro lugar, “como medida preventiva” para frear a posible propagación do virus na roupa de traballo, “pero tamén porque entendemos a carga laboral que estes días están vivindo” os axentes de Policía ou Garda Civil.

É a súa maneira de contribuír “a que o pouco tempo dispoñible para o seu descanso non teñan que dedicalo a este tema“. “Xa nos encargamos nós”, afirman. A proposta foi moi ben acollida pola cidadanía, que non tardou en amosar o seu agradecemento aos promotores da idea.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...