InicioSociedade'Non estás soa', a campaña do Concello de Vilalba para protexer as...

‘Non estás soa’, a campaña do Concello de Vilalba para protexer as vítimas de violencia durante o confinamento

"Mascarilla19" é a palabra chave coa que as mulleres que sufran violencia de xénero poden solicitar axuda nas farmacias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O confinamento non é doado para ninguén, pero moito menos para aquelas mulleres que se ven obrigadas a recluírse nun espazo pechado co seu agresor durante unha morea de tempo. Que pasa coas vítimas de violencia de xénero durante a corentena? Quen mira por elas? Para dar resposta a estas preguntas, o Concello de Vilalba e o Centro de Información á Muller (CIM) desta localidade puxeron en marcha a campaña ‘Non estás soa’, coa que informan ás mulleres dos recursos ao seu alcance.

“Non estás soa” | ALX

Coma noutros concellos galegos, en Vilalba desenvolveron unha estratexia por se algunha muller está en risco na súa casa e non pode alertar por si mesma da situación. Así, estableceuse un plan en coordinación coas farmacias do municipio e coa Garda Civil de maneira que se unha vítima acode a calquera das farmacias e pronuncia unha palabra claveMascarilla19— o persoal entenderá de inmediato o problema e chamará ao 112.

“É COUSA DE TODOS”
Ademais, dende o Concello lembran que o número de atención a vítimas de violencia de xénero, o 016, segue activo. Tamén o Ministerio de Igualdade conta cun servizo de asistencia por WhatsApp a través dos números 682 916 136 ou no 682 508 507.
“A violencia machista é cousa de todos”, insisten. Por iso, piden que se avise ao 112 ou á Garda Civil (982 51 03 07) se se teñen sospeitas de que unha veciña está a sufrir maltrato.
+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...