InicioSociedadeUn octoxenario ingresado no HULA é o segundo falecido por coronavirus na...

Un octoxenario ingresado no HULA é o segundo falecido por coronavirus na provincia, onde hai 62 positivos

En Galicia, a cifra de diagnosticados ascende a 1.170 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 81 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo é a última vítima mortal relacionada coa pandemia de coronavirus en Galicia, cuxo balance de mortes se eleva a 19. Na provincia de Lugo, este é o segundo falecemento relacionado co Covid-19, despois de que a semana pasada finase un chantadés ingresado en Monforte.

Segundo informan as autoridades sanitarias, este home fora diagnosticado de coronavirus e presentaba patoloxías previas.

DATOS

En base aos datos publicados esta mañá polo Sergas, o número de diagnosticados na área de Lugo aumentou en catro persoas, respecto do rexistrado onte. Así, suman un total de 62 diagnósticos.

O total galego ascende a 1.170, dos cales 298 son da área da Coruña, 142 da de Ourense, 164 da de Pontevedra, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago de Compostela, e 37 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 permanecen en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 270 están en unidades de hospitalización e 854 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...

O Pleno da Deputación aproba unha nova ordenanza para as residencias provinciais

O Pleno da Deputación acordou este martes aprobar a nova ordenanza que regula o...

O PP reclama actualizar o ‘Plano Deputación’ ante a suba de prezos en materiais de construción

Os deputados do grupo provincial do PP de Lugo reclamaron ao PSOE e ao...