InicioSociedade"O persoal sanitario séntese inseguro": queixas pola falta de EPIs e de...

“O persoal sanitario séntese inseguro”: queixas pola falta de EPIs e de protocolos de actuación claros

Piden que a dirección da EOXI teña máis en conta os traballadores e que se establezan circuítos de información con eles para previr novos contaxios entre o persoal dos hospitais, como xa ocorreu na Mariña e en Monforte. "O persoal quere saber de primeira man que ten que facer. Actualmente todo é moi confuso", din.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Preocupación e gran incerteza”. Así describen a sensación do persoal sanitario da EOXI de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos durante a crise sanitaria do coronavirus. Profesionais e sindicatos trasladan queixas sobre unha coordinación “mellorable” por parte da directiva, algo que acaba por crear unha confusión entre os traballadores, que tamén se ven prexudicados pola insuficiencia de Equipos de Protección Individual (EPI’s).

“Sabemos que a dirección está traballando, pero non é dabondo porque o esforzo non está chegando ao persoal”, lamentan dende a CIG-Saúde. Agradecen toda a comunicación e consellos dirixidos á cidadanía, pero demandan máis información para os propios traballadores dos hospitais (arredor de 6.000 persoas na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte).

“O persoal sanitario séntese inseguro. E teñen motivos!”, chantan. A continua exposición a posibles contaxios derivados de contactos con pacientes debería ser compensada con protocolos de actuación claros. “O persoal quere saber de primeira man que ten que facer. Actualmente todo é moi confuso e danse situacións nas que uns fan unha cousa e outros, outra. A dirección debería ter máis contacto cos traballadores”.

FOCOS DE CONTAXIO NOS PROPIOS HOSPITAIS

O certo é que a información é continua (a través da páxina oficial que habilitou o Sergas, ou a través de xornadas formativas nos propios hospitais), pero unha situación tan cambiante coma a actual require dun maior esforzo, din. O persoal de Urxencias, por exemplo, reclama que as xefaturas de cada unidade velen concienzudamente polo estrito cumprimento das medidas preventivas por parte de todos os sanitarios.

Tal reivindicación fía cos últimos datos sobre os casos de coronavirus diagnosticados. De 26 positivos por Covid-19 en Lugo, dous deles correspóndese cun par de facultativos do hospital de Monforte, de maneira que este centro se converteu nun dos principais focos de contaxio na provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...