InicioSociedadeAs obras na A-6 provocarán restricións ao tráfico en Outeiro de Rei...

As obras na A-6 provocarán restricións ao tráfico en Outeiro de Rei durante o mes de marzo

A mellora do firme obrigará a manter aberto un único carril en cada dirección.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de rehabilitación na autovía A-6, comezadas este luns, provocarán restricións ao tráfico á altura do municipio de Outeiro de Rei durante todo o mes de marzo.

Segundo informa este luns o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nun comunicado, o tráfico quedará habilitado a través dun carril ao longo deste mes. Ademais, a súa operatividade quedará suxeita ás condicións meteorolóxicas.

Os tramos afectados son os comprendidos entre os quilómetros 505’500 a 512’000 -contorna de Outeiro- en sentido A Coruña; e entre os quilómetros 539’000 á 540’000 -ligazón coa N-634 en Guitiriz- en dirección Madrid. Deste xeito, durante as obras quedarán cortado o tráfico no carril afectado, que será maioritariamente o dereito, segundo apunta o Goberno central.

Os traballos consisten en rehabilitar a superficie do firme de cara a mellorar a seguridade e comodidade dos usuarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...