InicioSociedadeOs hostaleiros de Lugo reclaman máis presenza policial na rúa ante os...

Os hostaleiros de Lugo reclaman máis presenza policial na rúa ante os roubos dos últimos meses na provincia

O presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, reclamou este mércores unha maior presenza policial na rúa ante a proliferación de roubos nos últimos meses no conxunto da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, reclamou este mércores unha maior presenza policial na rúa ante a proliferación de roubos nos últimos meses no conxunto da provincia.

Real lembrou que xa mantiveron unha reunión coa subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, “para expresar a preocupación do sector” con este problema. Estas subtraccións prodúcense, sobre todo, “de madrugada cando  levan a recadación das caixas rexistradoras e das distintas maquinas que hai no establecemento”, explicou.

Unha “preocupación”, abundou, que vai en aumento porque, sinala Real, “non só rouban no establecemento propio de hostalaría, senón nas casas particulares dos propietarios”. “Entendemos que as forzas e corpos de seguridade do Estado cumpren co seu labor, detendo xente, pero entendemos que non é suficiente porque os roubos seguen acontecendo dunha forma alarmante“, alertou.

Por todo iso, os hostaleiros de Lugo van pedir reunirse de novo coa subdelegada do Goberno, co fin de trasladarlle a necesidade de que “haxa máis presenza policial” nas rúas.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...