InicioSociedadeA veciñanza de Lugo volve reivindicar que se implante a técnica 'Da...

A veciñanza de Lugo volve reivindicar que se implante a técnica ‘Da Vinci’ no HULA

A Plataforma en Defensa da Sanidade do HULA e a Federación de AA.VV. lémbranlle ao Sergas a necesidade de dotar a Lugo desta técnica cirúrxica robotizada, que reduce os riscos de infección e dor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade e Especialidades do HULA e a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo volven reivindicar a implantación da técnica robotizada ‘Da Vinci’ para as intervencións no Hospital Universitario Lucus Augusti. A provincia de Lugo foi pioneira na solicitude desta técnica cirúrxica hai xa case tres anos, pero o colectivo demandante critica que non obtivo ningunha resposta por parte do Sergas.

A petición fora trasladada ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no ano 2017, e os colectivos solicitantes repetiron a proposta hai uns meses, a través dos medios de comunicación. “Entendemos que houbo tempo suficiente para poder iniciar a adquisición e a implantación desta técnica”, aseguran a Plataforma en Defensa da Sanidade do HULA e a Federación de AA.VV. “E máis cando no mes de outubro o conselleiro avanzou que estaban en negociacións co fabricante para implantar esta técnica en varios hostpitais do Sergas e evitar en moitos casos o risco da cirurxía aberta”, engaden.

MENOR RISCO DE INFECCIÓN E DOR

E é que o funcionamento da técnica ‘Da Vinci’ baséase na robotización da operación. O médico actúa dende a pantalla e manexa desta forma o robot, que interpreta os movementos do cirurxián e que os traduce en movementos precisos dos intrumentos. Segundo as asociacións solicitantes, os beneficios deste sistema inclúen a diminución da dor e do risco de infección, así como unha menor perda de sangue, menos cicatrices e unha redución no tempo de hospitalización, entre outras.

Entre as múltiples intervencións que poderían ser executadas a través dun robot atópanse algunhas relacionadas coa próstata. De feito, o uso da técnica ‘Da Vinci’ é favorable nestes casos por reducir o risco de impotencia e de incontinencia do paciente unha vez se lle realice a cirurxía. Este sistema robotizado tamén podería ser empregado para actuar noutros casos (xinecoloxía, cirurxía de esófago, pediátrica, cancro de pulmón, bypass coronario…)

UNIDADE DE ICTUS COMPLETA

A Plataforma en Defensa da Sanidade do HULA tamén aproveita para insistir noutra das súas reclamacións estrela dos últimos meses: a implantación no HULA dunha unidade de ictus.O Sergas intenta enganarnos cun sucedáneo irreal”, censuran.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...