A pensión media en Galicia segue sendo das máis baixas do Estado aínda que subiu un 2,5% en febreiro deste ano en comparación co mesmo mes de 2019, ata situarse en 855,89 euros, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
E dentro deste ranquing, Lugo é unha das provincias coa pensión máis baixa. Galicia só está por encima da cifra de Estremadura (838,51 euros) e algo máis de 150 euros por baixo da media española (1.006,85 euros). Por provincias, a pensión máis alta na Comunidade está na Coruña, con 900,56 euros; seguida de Pontevedra (896,60 euros); Lugo (762,54 euros); e Ourense (740,63 euros). Toda a información no Galicia Confidencial.