InicioSociedadeMaría Luisa Castro, nova responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero...

María Luisa Castro, nova responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero en Lugo

Este servizo, que depende da Subdelegación do Goberno, ocúpase de coordinar a loita contra a violencia machista en toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, vén de nomear a María Luisa Castro Rodríguez como xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller. 

María Luisa Castro sitúase así ao fronte dun servizo que coordina a loita contra a violencia de xénero en toda a provincia de Lugo. Así, traballará man a man coas forzas de seguridade do Estado, coa Xustiza e co resto das administracións públicas no que respecta á protección das vítimas da violencia machista. 

Isabel Rodríguez considerou que María Luisa Castro é unha persoa idónea para ocupar este posto. Segundo destacou, conta con formación en materia de Igualdade, “gran coñecemento” da provincia e cunha dilatada experiencia profesional na Administración do Estado en Lugo.

PERFIL PROFESIONAL

A nova responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller sucede no cargo a Verónica Eiravella Barreira, actualmente directora do CEIP Casás. María Luisa Castro é natural de Sarria e traballa na Subdelegación do Goberno en Lugo dende 1998, aínda que comezou a exercer como funcionaria da Administración do Estado no 1992.

Castro pertence ao Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado dende 2005 e ata o momento era xefa da sección de relacións coa Administración Territorial na Subdelegación do Goberno, posto que desempeñou dende o ano 2006.

Dentro da súa formación en materia de Violencia de Xénero e Igualdade figura a realización de diversos cursos impartidos polo ministerio de Política Territorial e Función Pública, o último deles sobre Igualdade para a Función Pública.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...