InicioSociedadeRenfe contratará unha "empresa externa" para manter a venda presencial de billetes...

Renfe contratará unha “empresa externa” para manter a venda presencial de billetes en Sarria, Burela e Viveiro

A plataforma 'Lugo Non Perdas o Tren' confirma que Renfe se comprometeu a manter este servizo nas localidades onde fora suprimido. Así mesmo, tamén garantiu que non haberá cambio de máquina na liña A Coruña-Lugo-Barcelona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. O voceiro da plataforma cidadá ‘Lugo non perdas o tren‘, José Manuel Carballo, confirmou que as estacións de Sarria, Burela e Viveiro seguirán abertas e con venda de billetes de forma presencial, segundo a información facilitada por directivos de Renfe en Galicia á comisión executiva dese colectivo.

A comisión executiva de ‘Lugo non perdas o tren’ mantivo o pasado venres -día 14 de febreiro- unha reunión co responsable institucional de Renfe en Galicia, Javier Pérez López, que tamén é o responsable da liña Madrid-Galicia, así como co xerente do Servizo Público de Renfe na nosa comunidade autónoma, José Enrique Ponche.

Carballo precisou que, nesa reunión, ambos directivos de Renfe confirmaron que as estacións de Sarria, Viveiro e Burela manterán a venda presencial de billetes, para o que está prevista a contratación “dunha empresa externa” que se ocupará de manter ese servizo.

CONEXIÓN LUGO-BARCELONA

Por outra banda, explicou o voceiro da plataforma, os directivos de Renfe tamén confirmaron que non haberá cambio de máquina na liña A Coruña-Lugo-Barcelona, de modo que se manterá unha locomotora “Talgo da serie 7” e “non se incrementarán os tempos de desprazamento” entre Galicia e a cidade condal.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

A Deputación presenta na poxa de Pedrafita cinco xovencas da Granxa Gayoso Castro

  O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este xoves á poxa de xovencas...