InicioLugo e contornaLugoAbsolto o home acusado de agredir sexualmente a unha menor e ameazala...

Absolto o home acusado de agredir sexualmente a unha menor e ameazala cunha pistola en Lugo

A Audiencia Provincial considera que os datos obrantes na causa non permiten eliminar o principio de presunción de inocencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao home acusado de ter agredido sexualmente a unha menor, de ameazala cunha pistola e de retela ilegalmente no seu coche en Lugo, nuns feitos ocorridos supostamente nos anos 2015 e 2016.

O tribunal incide na sentenza absolutoria no feito de que a vítima, cuxo testemuño é a “única proba na que se basea a acusación”, non se presentou ás vistas do xuízo oral, o que fixo necesario reproducir a súa comparecencia inicial.

Nesta declaración, continúa o auto, “existen diverxencias dentro do propio testemuño” da nova, que achega datos que “non teñen referendo no desenvolvemento da propia investigación. Entre eles, introduce, non se localizou ningunha arma en posesión de acusado, o dono dun hotel ao que supostamente acudiron non atopou os seus datos nos libros de clientes e unha amiga da moza non apoiou no xuízo as súas acusacións.

Por iso, considera que os datos obrantes na causa non permiten eliminar o principio de presunción de inocencia, polo que declara absolto ao acusado.

O Ministerio Público, que pedía 16 anos de prisión para o home, narraba que ambos os dous se coñeceron supostamente en 2014 –a moza tiña 14 anos–, cando foron a un hotel nas proximidades da cidade de Lugo para consumir cocaína e cannabis e manter relacións sexuais co consentimento da nova. No entanto, o acusado prometéralle unha suma de diñeiro que logo non recibiu ou recibiu unha inferior.

A finais de 2015, mantivo a Fiscalía, ambos volveron supostamente ao hotel e “dunha forma inesperada” o procesado “levou a cabo penetración pola vía anal” sen que a menor o consentise. Finalmente, a nova acusouno de ameazala e retela no seu vehículo en marzo de 2016, cando supostamente se decatou de que denunciara a agresión sexual. A defensa do home negou todos os feitos.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...