InicioLugo e contornaLugoPreto de 3.500 lucenses residentes no exterior volveron á provincia na última...

Preto de 3.500 lucenses residentes no exterior volveron á provincia na última década

O secretario xeral da Emigración visita a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que abriu as súas portas na capital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este martes a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que abriu as súas portas na cidade e onde destacou o compromiso do Goberno galego cos residentes no exterior, que se materializa en que preto de 3.500 lucenses regresaron á provincia na última década.

Neste escenario de “crecemento constante do retorno”, explicou Miranda, o Goberno galego está “a multiplicar a súa aposta por acompañar no proceso a todos os galegos do exterior”, un compromiso no que enmarca a apertura desta sede en Lugo.

A oficina é parte da Estratexia Retorna 2020, impulsada pola Secretaría Xeral da Emigración que, cun orzamento global de máis de 235 millóns dos que 15 abarcan só medidas específicas, ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso a casa de máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste xeito a rexuvenecer a poboación e acompañando a persoa retornada durante todo o proceso de retorno.

“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións, pomos en marcha esta sede aquí, en Lugo, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, que avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”.

Ata agora, explicou, “as cifras avalan a aposta do Goberno galego”, dado que 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por enriba dos 18.200 retornados.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...