InicioSociedadeO policía local de Lugo que atropelou mortalmente a unha muller en...

O policía local de Lugo que atropelou mortalmente a unha muller en 2016 debe indemnizar ao seu neto con 30.400 euros

A compañía aseguradora efectuará o pago como responsable civil directa e, na súa falta, abonarao o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou ao axente da Policía Local de Lugo que, en agosto de 2016, atropelou mortalmente a unha muller a indemnizar ao neto da mesma con 30.400 euros por un delito de homicidio por imprudencia menos grave.

Segundo expón a sentenza,  unha compañía aseguradora efectuará o pago íntegro desta cantidade como responsable civil directa. Na súa falta, abonarao o Concello de Lugo como responsable civil subsidiario.

Deste xeito, como froito dun acordo entre as partes na parte penal, o propio autor do atropelo mortal deberá cumprir unha pena de seis meses de multa con cota diaria de 5 euros –un total de 900 euros– e a pagar as costas procesuais.

En concreto, os feitos ocorreron o 8 de agosto de 2016, cando o acusado, axente da Policía Local de Lugo, subiuse en servizo ao coche oficial, que se achaba “irregularmente estacionado” nunha beirarrúa e “ocupando parcialmente” un paso de peóns.

“UNHA MANOBRA ANTIRREGLAMENTARIA”

Nese momento, o home, “sen tomar as mínimas precaucións esixibles, inicia unha manobra antirregulamentaria de marcha atrás” sen “corroborar que pode realizala con seguridade” para terceiras persoas.

Por iso, a vítima “viuse obrigada a rodear” o furgón policial “fóra do paso de peóns” e nunha zona na que había un poste de luz e un sinal. A muller foi atropelada e sufriu lesións moi graves que horas máis tarde provocarían a súa morte.

Ao chegar un acordo as partes no ámbito penal, o xuízo reduciuse a determinar se a falecida vivía ou non co seu neto, “o único parente” que tiña, tal e como considerou probado a Audiencia Provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...