InicioSociedadeFormalizada a cesión da antiga Escola de Enfermaría de Lugo para a...

Formalizada a cesión da antiga Escola de Enfermaría de Lugo para a futura Oficina de Emprego

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este mércores a firma do convenio de cesión á Xunta do uso do edificio da antiga Escola de Enfermaría, onde se creará a nova Oficina de Emprego da cidade.

O convenio foi asinado polo director provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, en representación do Estado, e por Socorro Martín, secretaria xeral técnica da Consellería de Facenda.

A subdelegada do Goberno vinculou esta decisión co compromiso do Estado cos veciños de Lugo e o seu “decido apoio á creación de novas dotacións no barrio da Residencia“, coa cesión gratuíta destes terreos, que son propiedade da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Rodríguez lembrou, ademais, que o Goberno lle deu á Xunta dúas subvencións por importe total de 1.227.200 euros, para a confinanciación da nova Oficina de Emprego de Lugo no barrio da Residencia. Concretamente, o SEPE concedeulle á Xunta unha primeira subvención por importe de 702.000 euros e, posteriormente, outorgoulle unha segunda subvención por importe doutros 525.200 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...