Home Lugo e contorna Lugo A veciñanza esixe que se abra xa o Auditorio de Lugo despois de tres anos de espera

A veciñanza esixe que se abra xa o Auditorio de Lugo despois de tres anos de espera

0
A veciñanza esixe que se abra xa o Auditorio de Lugo despois de tres anos de espera
Auditorio de Lugo | Paredes Pedrosa Arquitectos

O presidente da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, espera que o Concello da capital lucense “recepcione canto antes” o novo Auditorio da cidade, cuxa obra civil está terminada desde hai tres anos, e abra as súas portas “cunha programación sólida”.

Vázquez afirmou que a postura da federación veciñal en relación con este asunto foi sempre “moi clara”, porque quere que o auditorio de Lugo, despois dun investimento que superou o vinte millóns de euros, “se poña a funcionar canto antes”.

Para iso, espera que “os técnicos da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo se poñan de acordo” para que a administración local poida recepcionar esa infraestrutura cultural e “os lucenses poidan gozar dunhas instalacións que custaron moito diñeiro” e polas que tiveron que esperar moitos anos.

Nese sentido, tamén lle pediu ao goberno local de Lugo que vaia planificando unha “programación cultural sólida”, acorde coas instalacións do novo auditorio de Lugo, cuxa equipamento custou 3,2 millóns de euros.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here