InicioSociedadeO desdobramento do corredor Lugo-Monforte, "prioritario" para a Deputación de Lugo

O desdobramento do corredor Lugo-Monforte, “prioritario” para a Deputación de Lugo

A alta sinistralidade nesta vía urxe unha obra que non dá chegado: "cantas veces se anunciou o desdobramento? Queren facernos pasar por parvos". No pleno deste 29 de outubro, aprobouse por unanimidade pedirlle á Xunta que lle dea preferencia a estas actuacións nos orzamentos do 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de aprobar unha moción par urxirlle á Xunta de Galicia que trate con preferencia o desdobramento do corredor Nadela-Monforte nos orzamentos do 2020.  “Vendo todos os accidentes que houbo nesa vía, ao mellor deberían darlle prioridade”, defendeu o BNG, o grupo que levou a pleno a proposta.

Logo de “máis dunha década de anuncios” e sen que a obra se vise materializada, os nacionalistas están fartos da “cantinela” do PP e piden que se reserve unha cantidade de diñeiro suficiente para levar a cabo as actuacións. “Cantas veces anunciaron o desdobramento? Queren facernos pasar por parvos”, lamentou Efrén Castro (BNG).

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Rescatan un condutor atrapado no seu vehículo tras envorcar en Lugo

Os bombeiros de Lugo rescataron a un condutor que quedou atrapado no interior do...