InicioSociedadeUnha funeraria de Becerrá coordinará a exhumación de Franco

Unha funeraria de Becerrá coordinará a exhumación de Franco

Humberto Sepúlveda, quen dirixe o operativo, trasladouse xunto a outras cinco persoas desde Galicia á capital estatal, onde ultiman os preparativos da exhumación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os propietarios da funeraria Alba, con sede en Becerreá, serán os encargados de coordinar este xoves, día 24 de outubro, os traballados de exhumación dos restos do ditador Francisco Franco do Val dos Caídos.

Así o confirmou o responsable do tanatorio de Becerreá, Cristian Sepúlveda, quen informou de que é o propietario da empresa, Asdrúbal Humberto Sepúlveda, quen dirixe xa en Madrid o operativo.

Segundo explicou, este especialista trasladouse xunto a outras cinco persoas desde Galicia á capital estatal, onde ultiman os preparativos da exhumación xunto aos traballadores que esta empresa ten nas súas instalacións de Madrid.

Así, unhas 20 persoas conforman o dispositivo que participará no proceso de exhumación dos restos do ditador, para o que o Goberno contratou á empresa Iberfunerarias, propiedade tamén de Sepúlveda pero situada en Madrid.

En concreto, ademais de en Madrid e Becerreá, a empresa funeraria Alba conta con instalacións nos municipios lucenses do Corgo, Triacastela e As Nogais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...