InicioLugo e contornaLugoEstacionar en dobre fila arredor de centros escolares non poderá pasar de...

Estacionar en dobre fila arredor de centros escolares non poderá pasar de 10 minutos desde outubro

"Somos moi conscientes das necesidades das familias, todos queremos acompañar aos nosos fillos á porta do colexio, pero hai quen aproveita que hai máis coches en dobre fila para facer outras xestións" di a alcaldesa Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo acoutará a 10 minutos antes e despois da entrada e da saída das clases a “marxe de permisividade” para que os condutores poidan estacionar a dobre fila nas contornas dos centros educativos.

Segundo anunciou a alcaldesa, Lara Méndez, a Policía Local desenvolverá nas próximas semanas unha campaña informativa nas contornas escolares, advertindo de que, a partir de outubro, deixar os turismos un tempo prolongado fóra dos espazos habilitados ou sobre a beirarrúa levará aparellada unha sanción.

“Desde a Alcaldía somos moi conscientes das necesidades das familias, todos queremos acompañar aos nosos fillos á porta do colexio para ter a certeza de que chegaron ben, pero hai quen, despois disto, aproveita que hai máis coches en dobre fila para facer outras xestións, o que está a ocasionar un grave prexuízo non só para o resto da circulación, senón tamén para todo o conxunto da mobilidade local”, explicou Lara Méndez.

O obxectivo, engadiu, é “ter unha solución para a convivencia, garantindo a seguridade dos máis pequenos e sendo comprensivos” cos pais e co resto dos veciños “Por iso cremos que limitando no tempo estas paradas e, apelando á sensibilidade de todas e todos, imos ser capaces de concilialas co resto da circulación”, apuntou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...