InicioSociedadeVeciños da Pastoriza en pé de guerra contra a Xunta tras perder...

Veciños da Pastoriza en pé de guerra contra a Xunta tras perder dous médicos en dous anos

Representantes de 5 asociacións de veciños do concello solicitan unha reunión con Conselleiro de Sanidade para abordar tamén á situación da atención pediátrica e do servizo de urxencias no PAC de Meira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños da Pastoriza denuncian a perda de servizos sanitarios no seu concello e alertan da situación na que se atopa a atención médica no Centro de Saúde da localidade desde que se xubilou este verán un dos tres médicos de atención primaria que había, unha redución na prestación sanitaria que se engade aos problemas existentes na atención pediátrica e no servizo de urxencias no PAC de Meira.

Nun escrito dirixido ao Conselleiro de Sanidade, os presidentes de 5 asociacións de veciños do concello, pertencentes ás parroquias de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira, explican que “no Centro de Saúde da Pastoriza veuse producindo nos últimos anos un descenso acusado no número de profesionais sanitarios, pasando de 4 médicos a tan só 2 na actualidade, o que está a provocar unha perda importante na calidade asistencial que recibe a poboación”.

A través dun comunicado denuncian que “hai dous anos vimos reducido o número de médicos de familia de catro a tres e agora, trala xubilación este verán dun dos facultativos, vemos que non foi cuberta de maneira permanente”. Por agora o Sergas está cubrindo a praza do médico que se xubilou puntualmente con interinos ou contratados temporais, pero non hai un facultativo fixo. “Os continuos cambios dificultan que o médico poida coñecer ben o historial do paciente, máis ainda debido á carga de traballo que soportan os médicos de atención primaria, e resulta evidente que o facultativo non pode ler e estudar o historial médico de cada paciente nunha consulta de 10 minutos”, argumentan.

Ante esta situación, os representantes veciñais solicitan unha reunión “á maior brevidade posible” co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, á fin de que este concrete “se a praza deste terceiro médico vai ser cuberta”. “Vemos que está no aire e queremos que se nos garanta que non está en risco”, din.

SEN PEDIATRA

Os presidentes das asociacións de veciños pretenden tratar tamén co conselleiro outros asuntos que afectan á poboación do concello, dado que a perda de servizos de atención primaria engádese aos problemas existentes coa atención pediátrica e co servizo de urxencias no PAC de Meira.

“No concello da Pastoriza contamos co servizo de pediatra compartido co concello de Meira, estando dous días á senama no centro médico da Pastoriza e tres no de Meira. Pero cando o pediatra titular colle vacacións ou está de baixa queda a praza descuberta obrigándonos a acudir ao pediatra de Vilalba, cos inconvintes que isto acarrea tanto para os nenos e nenas como para as familias. Estas circunstancias merman o sevizo sanitario pois o pediatra de Vilalba non coñece os nenos e xa está desbordado polos pacientes que ten asignados, como para ter que asumir os dos concellos limítrofes”, denuncian as nais afectadas, que se sumaron tamén á petición de reunión co conselleiro.

DESTENCIÓN PAC DE MEIRA

Unha terceira problemática existente na Pastoriza ten que ver co funcionamento do Punto de Atención Continuada de Meira. Os veciños de Meira, A Pastoriza, Ribeira de Piquín, Pol e A Pontenova comparten o PAC do Centro de Saúde de Meira, onde hai un médico e un ATS de garda. “O problema xorde cando se dá unha urxencia domiciliaria e o equipo de garda se ten que desprazar a aldeas afastadas do PAC, pois este queda descuberto. Se nese momento unha persoa acode a urxencias non hai quen o atenda, ocasionando largas esperas ata que o médico está de volta”, denuncian. Para os veciños da Pastoriza trátase dunha situación “inaceptable” nun servizo de urxencias que “pon en risco a vida das persoas” e lembran que o PAC de Meira atende a unha poboación de máis de 10.000 habitantes e cubre un territorio de máis de 600 quilómetros cadrados.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...