InicioSociedadeViño e repetición de milagres no San Froilán

Viño e repetición de milagres no San Froilán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Lugo Monumental, que agrupa aos negocios do centro histórico da cidade, informou de que os canos da Fonte de San Vicente, situada en pleno corazón do recinto amurallado, volverán botar viño no San Froilán, as festas patronais da capital lucense, cincuenta anos despois do inicio desta tradición.

Mediante un comunicado, a asociación de aclara que “non é partidaria de repetir” o chamado “milagre” da fonte de San Vicente “fóra das datas nas que habitualmente se fai”, ou o que é o mesmo, coincidindo coa celebración do patrón dos hostaleiros. Con todo, “este ano fará unha excepción, xa que se cumpren cincuenta anos desde a primeira vez que manou viño da fonte, concretamente no San Froilán de 1969”, precisa.

Dos canos da fonte volverá manar veu o próximo 4 de outubro, a partir das 21:15 horas, despois da lectura do pregón que dará lugar ao comezo do programa oficial das patronais de Lugo, festas declaradas de Interese Turístico Nacional.

TRADICIÓN

Esta tradición ten a súa orixe no ano 1969 e a iniciativa foi do recadador de impostos Ezequiel García Rodríguez, que “botou viño no enganche da fonte, nos xardíns do Bispado”, explica a asociación. “De forma irregular, nos anos 80 e 90”, continuouse con esta tradición, que chegou a facerse “moi popular pola súa rechamante estética e pola orixinalidade do sistema, que foi cambiando ao longo do tempo”, engaden desde a asociación.

Na súa orixe, o viño corría polos canos da fonte, pero actualmente utilízanse tubos alimentarios e un sistema de circuíto pechado que fai que o viño non entre nunca en contacto coa propia fonte, por motivos de seguridade relacionados co coidado do monumento, pero tamén por salubridade e hixiene.

Desde o ano 2014, Lugo Monumental repite cada 29 de xullo, día de Santa Marta -patroa da hostalaría-, “esta peculiar tradición que tanto lucenses como foráneos gozan cada ano”, informa.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...