InicioSociedadeUn programa de saúde mental atende mulleres de Lugo en situación de...

Un programa de saúde mental atende mulleres de Lugo en situación de vulnerabilidade

Margarita é unha das lucenses que participou neste proxecto financiado pola Xunta e posto en marcha por FEAFES Galicia. "Serviume para manexar mellor a miña enfermidade e para non estigmatizarme tanto", explica; "antes tiña moitos medos, agora son capaz de expresalos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coidar a saúde mental é tanto ou máis importante ca coidar o corpo. O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade atendeu nos últimos dez meses un total de 50 galegas con algunha doenza deste tipo. O obxectivo é apoderar as mulleres con problemas de saúde mental e darlles autonomía para que se sintan capaces de valerse por si mesmas.

Este proxecto—desenvolvido por Saúde Mental FEAFES Galicia e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade— emprega a fórmula do traballo personalizado e individualizado para acadar a súa meta. Pretende mellorar a situación persoal e laboral das donas que sofren algunha doenza mental e, para iso, facilítaselles información e asesoramento, realízanse accións formativas, aténdense urxencias e trabállase coordinadamente con outros recursos.

Dende o pasado mes de decembro, realizáronse unha serie de accións formativas grupais que trataron diversos temas como a prevención de malos tratos, sexualidade, habilidades, autoestima, motivación para a busca do emprego, psicoeducación, etc. Ademais, o programa tamén inclúe intervencións personalizadas de inclusión. Así pois, neste tempo, medio centenar de mulleres puideron beneficiarse deste programa en toda Galicia, especialmente na Coruña, Santiago, Ourense e Lugo.

Talleres do Programa de Igualdade 2019 | Remitida

“ANTES TIÑA MOITOS MEDOS, AGORA SON CAPAZ DE EXPRESALOS”

Na nosa cidade, precisamente, botamos man do testemuño de Margarita, unha das rapazas participantes. “Sentinme moi identificada cos temas tratados nas charlas porque vivín situacións similares aos exemplos que se poñían, como o que ten que ver con actitudes sexistas cara a miña persoa, micro e macro machismos, e o papel da muller dentro das familias a nivel de conciliación persoal e laboral”, afirma.

Ela, que fai un balance moi positivo da súa experiencia, decátase de que estes talleres lle axudaron a xestionar as súas emocións e pensamentos. “O paso polo programa serviume para aprender a manexar mellor a miña enfermidade e a non estigmatizarme a min mesma. Antes tiña moitos medos e pechábame aos demais; pero grazas á atención recibida, agora son capaz de expresar os meus medos, traballalos e reconducilos dunha maneira que non me prexudique”, asegura Margarita.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...