InicioSociedadeA resolución do recurso sobre a sanción de Pilar de Lara vai...

A resolución do recurso sobre a sanción de Pilar de Lara vai para largo

O seu avogado cre que pode tardar ata un ano, a pesar de que xa se podería abordar no pleno de órgano de xuíces convocado para setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O expediente aberto polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) á titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, ademais do recurso presentadonon se abordará previsiblemente no pleno do órgano dos xuíces convocado para setembro. Así pois, a súa defensa prevé que se dilate a súa resolución.

En primeira instancia Pilar de Lara foi sancionada con sete meses e un día de emprego e soldo, o que implica cambio de destino e a súa separación das múltiples e complexas causas anticorrupción que instrúe “por desatención e atrasos inxustificados”.

O avogado da xuíza, Agustín Azparrén, lembrou que dito expediente xa non foi incluído no último pleno do mes de xullo, polo que o seguinte terá lugar o próximo mes de setembro. De todos os xeitos, o letrado madrileño sostén que “aínda que hai un prazo de tres meses para resolver (o recurso que se presentou contra a sanción), o normal é que tarden algo máis e isto é un expediente bastante coómplexo, con moitas alegacións, con moita documentación. Probablemente non vaia en setembro”.

A pesar de que Pilar de Lara se atope a expensas do que se decida polo goberno dos xuíces, aínda podería presentar máis documentación que a exima desta sanción. Azparren explicou que “se iniciou o expediente polo atraso dunhas determinadas causas que non se finalizaron, e antes que resolva o pleno (do Consello Xeral do Poder Xudicial) si que se podería presentar algunha certificación de que as causas polas que se iniciou o expediente están finalizadas”.

“Depende do que tarde en chegar ao pleno, pero poderían estar finalizadas en todo o que depende da actividade da xuíza. Outra cousa é que haxa pendentes, inhibicións, recursos ou algún informe ou escrito que non dependa dela”, abundou.

Agustín Azparren non descarta a posibilidade de que a resolución se poida dilatar ata un ano. “Estiven vendo a media de resolución de recursos do pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial e atopei algún que tardou un ano en resolverse. A media adoita estar entre cinco e seis meses pero nalgún caso máis tempo”, advertiu.

A xuíza Pilar de Lara, pola súa banda, prosegue coas instrucións que leva, entre outras a ‘Carioca’, sobre redes de prostitución en Lugo; a ‘ Pokémon’ sobre corrupción política;  ou a do ‘ Garañón’, sobre a urbanización nas costas do parque, que estaría xa a piques de cualificar para que se sinale xuízo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...