InicioSociedadeA veciñanza de Vilalba concéntrase contra o asasinato machista que deixou a...

A veciñanza de Vilalba concéntrase contra o asasinato machista que deixou a vila “conmocionada”

Algúns comercios pecharon as súas portas para sumarse ao acto, onde tamén estiveron presentes autoridades políticas. Ao longo de toda a xeografía galega van xurdindo convocatorias para condenar este crime.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vilalba viviu hoxe unha concentración de condena á violencia de xénero, logo do crime machista acontecido no municipio e que puxo fin á vida de Mari Carmen Vázquez Cereijo, asasinada presuntamente polo seu ex-marido.

Numerosos veciños congregáronse diante da casa consistorial na mañá deste luns 22 de xullo, ás 12.00 horas. Incluso algúns comercios pecharon as súas portas para poder sumarse ao acto. Alí, leuse un manifesto e gardouse un minuto de silencio en recordo de Mari Carmen, a segunda muller asasinada en Galicia no que vai de ano. 

“VILALBA ESTÁ CONMOCIONADA E INDIGNADA”

Entre os asistentes, tamén estaban algunhas autoridades, como a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a propia alcaldesa da localidade, Elba Veleiro.  “Estou aquí, coa alcaldesa e as mulleres e homes de Vilalba, para compartir con eles a súa dor polo asasinato de Mari Carmen, e para expresar, no nome do Goberno e no meu propio, a miña solidariedade e cariño á súa familia e amigos. Para condenar, unha vez máis, a intolerable violencia machista. Ningunha persoa de ben pode mirar para outro lado nin xustificar a violencia sobre as mulleres”, dixo Isabel Rodríguez.

Pola súa parte, a alcaldesa indicou que “o pobo de Vilalba está triste, conmocionado, indignado e apesadumbrado” por este crime, o primeiro asasinato machista que se produce neste concello, tal como recolle o manifesto que se leu na concentración. “Lamentablemente chegou o día no que lle poñemos cara” á violencia machista, sinala o texto e engade “hoxe en Vilalba estamos de loito”.

MÁIS CONCENTRACIÓNS

En Lugo capital tamén se deu conta de actos en repulsa deste crime machista. O Concello convocou unha concentración na que tamén participaron membros da corporación provincial.

O mesmo aconteceu noutros puntos da xeografía galega, onde se van sucedendo as convocatorias de concentracións por parte de asociacións feministas. Podes ler máis sobre iso no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...