InicioSociedadeO plan para mellorar a seguridade viaria en Lugo comezará "coa creación...

O plan para mellorar a seguridade viaria en Lugo comezará “coa creación de once pasos de peóns” preto dos colexios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou a posta en marcha dun plan para incrementar a seguridade viaria na contorna dos centros de ensino. A primeira medida será “a creación de once pasos de peóns”.

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado do edil responsable de Educación, Felipe Rivas, e do concelleiro de Infraestras, Alexandre Penas, detallaron este sábado “as actuacións na cidade que se farán de maneira coordinada entre as concellarías de Educación, Infraestruturas e Mobilidade“.

Así, Arroxo explicou a distribución dos pasos de peóns elevados: catro estarán na Avenida de Ramón Ferreiro na contorna dos centros educativos, dous “garantirán o acceso seguro” ao Colexio Illa Verde, un para acceder ao Colexio Rosalía de Castro, dous na contorna das Mercés e outros dous preto do Pimentel.

“Con esta intervención, que se fará con fondos remanentes dos que dispón no concello de Lugo, iniciamos unha serie de intervencións relacionadas coa mobilidade pensando nunha cidade amable coas persoas”, afirmou Rubén Arroxo.

CELERIDADE

A data de comezo das obras non se precisou, pero o tenente de alcalde da cidade amurallada asegurou que se vai a actuar “coa maior celeridade posible” e tratando de “acurtar prazos” para evitar “molestias á circulación e para que o próximo curso os accesos aos centros de ensino sexan máis seguros”.

Ademais de “mellorar a seguridade” no acceso aos centros educativos, a colocación destes pasos de peóns, insistiu Arroxo, servirá para “avanzar na calma do tráfico” alí onde se instalen.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...