InicioSociedadeAutorizada a ocupación temporal da vella escola de Enfermaría para crear a...

Autorizada a ocupación temporal da vella escola de Enfermaría para crear a Oficina de Emprego

O Goberno di que procura facilitar os trámites para dotar de novos servizos o barrio da Residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno estatal vén de autorizar á Xunta de Galicia a ocupación temporal da antiga escola de Enfermaría de Lugo para transformala na nova Oficina de Emprego

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, confirmouno este venres 12 de xullo. “Estamos a dar todas as facilidades para dotar de novos servizos o barrio da Residencia“, asegurou, xa que o Goberno cofinanciará a creación da nova Oficina de Emprego. Salientou o interese do Executivo por axilizar os trámites e a cesión das instalacións, que son propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

A ocupación será temporal para facilitar o comezo das obras antes de que se produza a formalización do documento de cesión.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...