InicioSociedadeA USC amplía a oferta de mestrados no Campus Terra de Lugo

A USC amplía a oferta de mestrados no Campus Terra de Lugo

Entre as catro novas titulacións, hai unha de Igualdade de Oportunidades e de Xénero na Empresa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) amplía a súa oferta de posgrao no campus de Lugo para o vindeiro curso 2019-2020. O abano de titulacións inclúe catro mestrados novos entre os que figura un programa en Igualdade de Oportunidades e Xénero na Empresa.

“Trátase dunha oferta ampla en canto ao seu número e diversa pola súa temática”, asegurou a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel. E é que estas catro novas opcións súmanse á outra ducia de mestrados oficiais que xa se impartían no Campus Terra. Ademais, Valcárcel salientou a “flexibilidade” que ofrecen algúns dos programas ao poderse cursar en liña.

A OFERTA

A programación de posgraos oficiais da USC en Lugo para o próximo ano académico inclúe títulos das áreas de Artes e Humanidades, como o mestrado en Servizos Culturais; de Ciencias (Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias; Ciencias da Saúde ( Máster Universitario en Xenómica e Xenética); Ciencias Sociais e Xurídicas (con títulos de mestrado en Avogacía, Dirección de Empresas, mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, e o mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza), e Enxeñaría e Arquitectura.

A oferta nesta área temática máis ligada ás enxeñarías inclúe programas habilitantes para o exercicio de profesións reguladas, como o son os mestrados en Enxeñaría Agronómica e Enxeñaría de Montes. Tamén contempla outras propostas máis axeitadas para acceder ao mercado laboral, resaltan dende a universidade. Serían, por exemplo, o mestrado en Dirección de Proxectos, Enxeñaría de Procesado de Alimentos, ou o mestrado interuniversitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...