Home Lugo e contorna O Corgo Rematan as obras no cinturón comarcal do Corgo logo do afundimento da ponte de Maceda

Rematan as obras no cinturón comarcal do Corgo logo do afundimento da ponte de Maceda

0
Rematan as obras no cinturón comarcal do Corgo logo do afundimento da ponte de Maceda
A ponte do río Maceda, no Corgo, tamén sufrira un afundimento que xa foi reparado. | Arquivo

A Deputación finalizou as obras de reparación da estrada LU-P-1611 ao seu paso polo Corgo, onde se sufrira un afundimento do solo no mes de xaneiro. Así pois, queda restablecido o tráfico neste punto do cinturón comarcal -así se coñece esta vía-. Concretamente, trátase do tramo correspondente á ponte do río Maceda.

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, supervisou as obras de emerxencia que se executaron no Corgo e para as cales o ente provincial destinou 300.000 euros. Os traballos desenvolvidos na ponte do río Maceda, no punto quilométrico 7.800, consistiron no corte e demolición do firme, a retirada do recheo e dos tubos e a construción de estribos e vigas, ademais da pavimentación. Por último, tamén se repuxo a sinalización e implantáronse novos sistemas de contención do vial, segundo sinalan dende a Deputación.

A LU-P-1611 sufrira un afundimento no mes de xaneiro “por mor do tráfico pesado” que soporta. A raíz diso, o departamento de Vías e Obras da Deputación redactou un proxecto para a súa mellora, coa condición de urxente. Seis meses despois do incidente, queda restablecido o tráfico nesta estrada provincial para todo tipo de vehículos. A Deputación afirma que conta con todas as garantías de seguridade para a súa circulación.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here