InicioSociedadeA defensa de Pilar de Lara agarda que o recurso en contra...

A defensa de Pilar de Lara agarda que o recurso en contra da sanción do CXPX non se demore máis alá do verán

Asegura que a maxistrada está "tranquila" e tenta "acabar todo o que depende dela" por se finalmente se confirma a sanción coa que perdería o destino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado Agustín Azparren -que leva o caso da titular do Xulgado de Instrución Nº 1 de Lugo, Pilar de Lara- agarda que se trate con axilidade o recurso interposto contra a sanción do CXPX. Agarda que este asunto vaia ao pleno de finais deste mes ou, como moi tarde, no de setembro.

O recurso ao que se refire foi presentado en contra da sanción de sete meses e un día que lle impuxo a comisión disciplinaria á maxistrada por “dilacións indebidas” nas múltiples causas que leva. Tal sanción implicaría a perda de destino para De Lara. O letrado Agustín Azparren lembrou que “de momento está pendente o recurso de alzada”,  que non foi ao pleno do mes de xuño, segundo sostivo. Quedaría a expensas de que “vaia a finais deste mes ou senón para setembro”, momento no que se reúnen os plenarios.

Neste sentido, comentou que xa se cumpriron tres meses dende a presentación do recurso a mediados de maio, un prazo que se podería ver ampliado incluso ata un ano.  “É un prazo de tres meses e se se pasan pódese sobreentender que se desestimou o recurso, pero normalmente resólveo o pleno do Consello aínda que sexa fóra de prazo. Nalgún caso tardouse (en resolver) case un ano, pero iso non é o normal”, comentou o avogado. “O normal é que estea liquidado aos tres, catro ou cinco meses. Se non entra en xullo entrará en setembro”, estimou.

“ACELERAR” PROCESOS

En canto á xuíza Pilar de Lara, confirmou que está “tranquila” e que “está a sacar todo o que pode e acabando” con todas as instrucións que leva. Entre elas, a ‘Carioca’ sobre redes de prostitución ou a ‘Pokémon’ sobre supostos subornos a políticos a cambio de concesións públicas.

No mesmo sentido se pronunciou Azparren. El asegurou que, precisamente, a xuíza esta tratando de axilizar todos os procesos para  “evitar que se puidese producir algún prexuízo” se ao final se confirma a sanción ou parte dela. Pretenden deixar todo atado por se ten que deixar o xulgado ou por se se ve suspendida durante uns meses. A intención é a de facilitar as cousas ante a hipotética chegada dun novo xuíz, xa que este ou esta veríase obrigado a estudar cada caso dende o seu inicio, algo que “suporía un atraso considerable”. Polo tanto, Azparren asegurou que “ela o que vai facer en todo o tempo que queda é tentar acabar todo o que depende dela, loxicamente”.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...