InicioA UlloaA pensión media de Lugo é 160 euros menor a da Coruña...

A pensión media de Lugo é 160 euros menor a da Coruña e Pontevedra

Un pensionista lucense cobra 400 euros menos que un vasco.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pensión media de Lugo é de 840,30 euros, unha das máis baixas do estado. De feito, é 160 euros menos a pensión que se cobra en Pontevedra e na Coruña e 400 menos do que cobra un pensionista vasco.

A pensión galega é a segunda máis baixa de España, só por detrás de Estremadura (825,12 euros), segundo os datos que publicou este martes o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). A comunidade cunha cantidade maior é País Vasco (1.231,58), case 400 euros por encima de Galicia.

Pola súa banda, o número total de pensións en Galicia creceu un 0,5% en relación a xuño do ano pasado, ata as 764.931, das cales 69.932 son de incapacidade permanente, 478.067 de xubilación, 186.638 de viuvez, 23.731 de orfandade e 6.563 en favor de familiares.

A pensión media de xubilación en Galicia está en 954,43 euros, tamén a segunda máis baixa de España, por detrás, outra vez, de Estremadura (942,15 euros), sendo estas dúas comunidades as únicas que se sitúan por baixo do mil euros. A media española alcanza os 1.137,99 euros.

Hai diferenzas considerables entre as provincias, xa que en Ourense un xubilado medio cobra 794,42 euros, mentres que en Lugo 840,30 euros. Pola súa banda, na Coruña alcanza os 1.010,78 euros e en Pontevedra os 1.012,36 euros.

Por incapacidade permanente, de media en Galicia cóbranse 882,21 euros (978,61 euros en España), mentres que por viuvez 600,67 euros (712,19 euros en España), por orfandade 399,16 euros (404,30 euros en España) e en favor de familiares 514,62 euros (575,58 euros de media estatal).

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...