InicioSociedadeA provincia de Lugo rexistra 478 casos activos de violencia de xénero,...

A provincia de Lugo rexistra 478 casos activos de violencia de xénero, dous de risco alto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asegurou que no que vai de ano se rexistraron na provincia 104 denuncias por violencia de xénero ante a Garda Civil e Policía Nacional. Ademais, concretou que “nestes momentos” hai “478 casos activos, dos cales dous deles son de risco alto”.

“Hai que destacar o esforzo e a colaboración dos concellos”, afirmou, para engadir que “como se dixo moitas veces a violencia de xénero é unha prioridade para o Goberno de España”.

Ademais, Rodríguez confirmou que “se traballa nas mesas locais de violencia de xénero”. “Creamos tres novas mesas locais e ademais en cinco concellos traballamos para que a Policía Local estea implicada na protección das vítimas, sobre todo nas de baixo risco”, abundou.

Estas declaracións realizounas antes de participar, na Axencia Tributaria de Lugo, na presentación do estudo ‘O Impacto da Violencia de Xenero en España. Unha avaliación dous seus custos en 2016’, cuxa autora é María Deben, responsable de igualdade e violencia na Delegación do Goberno en Galicia.

Deben estimou un custo en España, en 2016, de máis de 23.000 millóns de euros e en Lugo, apuntou, “custa 165 millóns de euros”. “Os lucenses e as lucenses gastan na loita contra a violencia de xénero, en pór en marcha o aparello xudicial, policial, penal, laboral, servizos sanitarios, servizos de aloxamento, estes son os gastos para paliar todos os efectos ás vítimas de violencia e ás súas familias”, sostivo.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...