InicioDeportesDaniel Ochefu: "Teño moitas expectativas"

Daniel Ochefu: “Teño moitas expectativas”

Tito Díaz, primeiro adestrador do Breogán, explicou que "ten boa formación", "moito poderío físico, moita envergadura e pick and roll"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Daniel Ochefu foi presentado coma novo pivote do Cafés Candelas Breogán. Ochefu afirmou que era “unha boa oportunidade” e “un reto” xogar nun “baloncesto moi competitivo” coma é o Breogán, polo que ten “moitas expectativas”. “Estou acostumado a ser un xogador importante”, engadiu.

O ex xogador de Washington Wizards da NBA, co que xogou 19 partidos, contestou que xoga “duro” e é “capaz de defender e rebotear”.

Tito Díaz, primeiro adestrador do Breogán, explicou que “ten boa formación”, “moito poderío físico, moita envergadura e pick and roll”. “Quería un interior grande, forte, con pick and roll e capaz de defender””, explicou o técnico lucense, que matizou que “Sule non é un cinco e (Volodymyr) Gerun é un catro e medio”.

O primeiro adestrador breoganista subliñou que a vitoria en Badalona “reforzou o plan de xogo” do equipo.

Tito Díaz adiantou que o Fútbol Club Barcelona, rival este domingo no Pazo dos Deportes de Lugo ás 19:30 horas na vixésimo sexta xornada da Liga Endesa, “é o mellor equipo de España agora mesmo e un dos mellores de Europa”, un conxunto “moi físico” e “ocupa moitos espazos”. “Espero que ese plus o aporte a nosa afección, a nosa xente”, comentou.

Adiantou que Aleksandar Cvetkovic´e Salva Arco “están entre algodóns” e “Sergi Vidal si adestrou”, mentres Henk Norel “está fóra, está traballando no ximnasio na súa recuperación, non estaba recuperado”. Engadiu que Tadija Dragićević unirase aos adestramentos co grupo a vindeira semana.

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...