InicioSen categorizarVeciños das Gándaras contraprograman á manifestación do #8M con outra contra os...

Veciños das Gándaras contraprograman á manifestación do #8M con outra contra os okupas

Á protesta asistiron case 300 persoas, fronte as máis de 10.000 que acudiron á reivindicar os dereitos das mulleres polas rúas da cidade lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Decenas de veciños do barrio lucense das Gándaras volveron a saír este domingo á rúa para protestar contra a ocupación ilegal de vivendas nesa zona da cidade de Lugo, onde polo menos cinco inmobles permanecen ocupados por persoas que non atenden aos requirimentos dos seus lexítimos propietarios.

A manifestación veciñal, convocada pola asociación Gatos Roxos e apoiada por militantes de Vox e do PP, partiu á unha e cuarto do mediodía da igrexa das Gándaras, e, detrás de dúas pancartas nas que se podían ler as mensaxes “Fóra Ocupas” e “Non a ocupación ilegal de Vivendas. Esiximos máis vixiancia e seguridade non noso barrio”, uns trescentos veciños percorreron varias rúas do barrio, vixiados en todo momento por axentes do Corpo Nacional de Policía.

Trátase da segunda manifestación para esixirlles aos “okupas” que marchen do barrio, pero os veciños anuncian que haberá moitas máis ata que os propietarios das vivendas ocupadas recuperen as súas casas.

CONTRAPROGRAMACIÓN

Os veciños mantiveron a protesta a pesar da coincidencia coa outra gran manifestación que viviu a cidade de Lugo a favor da igualdade de xénero e dos dereitos da muller. “A pesar do inconveniente de que coincidiu” coa outra manifestación, a que convocou a plataforma feminista Galegas8M, “a xente segue involucrada e con ganas de plantarlle cara a isto”, dixo o presidente da asociación Gatos Rojos, Jaime Gueimonde. Con todo, a primeira protesta xuntou a máis de 10.000 persoas e a segunda case 300.

“Temos que buscar unha solución a isto e seguir convocando as manifestacións que fagan falta”, engadiu. Gueimonde indicou que As Gándaras é “un barrio no que hai moitas vivendas unifamiliares e a xente está nerviosa”.

A pesar destas manifestacións, Gueimonde asegurou que os okupas seguen aí, non marchan”.”Seguen vivindo aí, non marchan, pero seguiremos facendo manifestacións para que conseguir que se vaian. Para que vexan que isto non é un barrio sinxelo para vivir”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...