InicioLugo e contornaLugoCandia participa na sinatura do convenio para reformar a Protectora de Animais

Candia participa na sinatura do convenio para reformar a Protectora de Animais

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, visitaron as pistas de petanca de Frigsa e as instalacións que utilizan o Club Petanca Lugo e o Club Petanca Muralla para coñecer de primeira man as súas necesidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe na sinatura do convenio que permitirá acometer a reforma e ampliación das actuais instalacións da Protectora de Animais de Lugo, unha actuación coa que, segundo destacou, “se empeza a saldar unha débeda histórica” coa entidade e co benestar animal na cidade.

O acordo de colaboración asegura un financiamento de 744.436 euros (cada administración, Xunta, Deputación e Concello, achegan 248.135 euros).

Candia expresou o seu agradecemento “a todas as persoas e institucións que fixeron posible chegar ata aquí” e asegurou que este é un día de “dobre satisfacción”.

A primeira, explicou, porque “conseguimos un reto polo que levabamos traballando moito tempo”, facendo posible que a Protectora conte co financiamento necesario para acometer unha reforma moi demandada e imprescindible para mellorar as súas instalacións.

A alcaldesa quixo agradecer expresamente “o compromiso e a perseveranza da directiva da Protectora”, así como o traballo desenvolvido polos técnicos municipais, en especial polo persoal da área de Fomento, e destacou tamén a implicación da Consellería de Medio Ambiente. Do mesmo xeito, tivo un recoñecemento especial para a concelleira Mar Carballas, “pola súa sensibilidade e empatía á hora de defender e impulsar as políticas de benestar animal”.

A rexedora lembrou que, segundo lle trasladou a propia Protectora, a previsión é que as obras comecen durante o próximo mes de agosto.

“Hoxe escribimos un punto e seguido. Cumprimos a primeira parte, que era garantir o financiamento para facer realidade este proxecto. Agora toca acompañar o desenvolvemento das obras para que culminen con éxito.”

Neste sentido, reafirmou o compromiso do Concello de colaborar en todo o proceso e de facer un seguimento permanente da actuación.

COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

A segunda satisfacción, sinalou Elena Candia, é a colaboración institucional que fixo posible este acordo entre Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo.

A alcaldesa lembrou que foi precisamente o diálogo entre as institucións o que permitiu desbloquear esta actuación e reiterou a súa vontade de seguir replicando esta forma de traballar manifestando que “este é o modelo no que creo”.

Candia concluíu asegurando que a sinatura do convenio non supón o final do camiño, senón o inicio dunha nova etapa para seguir mellorando o benestar animal en Lugo.

PISTAS DE PETANCA

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, visitaron as pistas de petanca de Frigsa e as instalacións que utilizan o Club Petanca Lugo e o Club Petanca Muralla para coñecer de primeira man as súas necesidades.

Entre as peticións trasladadas polas persoas que practican este deporte figura a posibilidade de cubrir as pistas para facilitar a súa práctica durante todo o ano. Neste sentido, o Concello comprometeuse a estudar a viabilidade técnica e económica desta actuación, co obxectivo de seguir mellorando as instalacións deportivas municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...