InicioEconomíaA Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

Nestes días comezaron as actuacións coa reapertura de cunetas e a actuación inclúe tamén a reparación de desperfectos no firme, repavimentación e sinalización vertical

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas provinciais ao seu paso polo concello de Meira. Son en concreto: a LU-P-3003, que conecta a vila de Meira coa N-640 por Leiras, unha vía que se renovará na súa totalidade; a LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota, que tamén se acondicionará completa; e a LU-P-4806, que conecta Vilaxe por Galegos e Ribeira de Piquín, que se rehabilitará en todo o trazado ao longo do municipio, desde o punto quilométrico 14,6 ao 20,3.

Os traballos afectan a tres das seis estradas provinciais ao seu paso por Meira e contan cun investimento da institución provincial de 221.397,2. Nestes días comezaron as actuacións coa reapertura de cunetas e a actuación inclúe tamén a reparación de desperfectos no firme, repavimentación e sinalización vertical. A empresa encargada dos traballos, Construcciones Carballeira SL, dispón dun prazo de mes e medio para a súa finalización.

Son tres vías que desenvolven un papel esencial na mobilidade do propio concello como no conxunto da comarca, porque vertebran o territorio na contorna conectando parroquias e núcleos dispersos de poboación e facilitan o acceso a servizos básicos. Ademais, as tres son fundamentais para a comunicación entre explotacións agrícolas e gandeiras. Polo que os traballos da Deputación virán mellorar as condicións de seguridade e comodidade de ducias de veciños e veciñas.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...