InicioSucesosUn policía nacional fóra de servizo evita a propagación dun incendio nun...

Un policía nacional fóra de servizo evita a propagación dun incendio nun edificio de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un axente da Policía Nacional, destinado na Comisaría Provincial de Lugo, evitou que un incendio nun piso da Rúa Reverendo Xosé Fernández Núñez, sucedido a pasada semana, se propagase, actuando antes da chegada dos bombeiros e protexendo así os veciños do edificio.

O policía observou un fume branco e denso que rapidamente se converteu en escuro, que saía da ventá dun piso no que residía un home maior, detectando ao momento que se trataba dun incendio na cociña.

Rapidamente dirixiuse usando as escaleiras ao inmoble afectado, e utilizou un extintor do edificio para apagar as chamas, que se estenderan pola cociña, evitando así danos persoais e danos materiais maiores.

Debido á gran cantidade de fume que se xerou nos descansos das escaleiras, os veciños foron parcialmente evacuados, e os bombeiros tiveron que ventilar piso por piso durante varias horas utilizando unha máquina especial, para garantir que o fume non afectase os veciños.

Os bombeiros incidiron en que a rápida intervención do policía fóra de servizo foi fundamental para que o incendio non acadase unha maior dimensión e ocasionase consecuencias moito máis graves en todo o inmoble e nos seus habitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...