InicioMedioambiente e PatrimonioA presidenta da Deputación pon en valor o espazo Permacultural do Lugar...

A presidenta da Deputación pon en valor o espazo Permacultural do Lugar de Reque no Rato

A mandataria provincial puxo en valor o labor destas dependencias, que teñen por obxectivo a revitalización dun espazo público nesta contorna natural na capital lucense, promovendo un uso sostible e participativo do entorno

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou o Espazo Permacultural do Lugar de Reque situado xunto ao río Rato no marco da rolda de encontros que nas últimas semanas mantivo cos diferentes servizos da institución provincial, co obxectivo de coñecer de primeira man o seu funcionamento, os proxectos en marcha e as súas principais necesidades.

A mandataria provincial puxo en valor o labor destas dependencias, que teñen por obxectivo a revitalización dun espazo público nesta contorna natural na capital lucense, promovendo un uso sostible e participativo do entorno. A actividade en Reque céntrase na permacultura e ofrece accións formativas e lúdicas relacionadas coa sustentabilidade, o coidado e manexo da terra, a bioconstrución, a economía social ou a cestería, entre outras, ademais de fomentar valores baseados no ben común, a autosuficiencia e a responsabilidade ambiental.

Con esta visita, Carmela López completa o percorrido por todos os servizos da Deputación de Lugo, coñecendo de primeira man o labor e as iniciativas que a institución impulsa en cada área.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

A Policía Local de Lugo intensifica a vixilancia por un vertedoiro ilegal en Coeses

A Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo puxo en marcha un dispositivo...