InicioSociedadeRestricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

PUBLICADA O

- Advertisement -

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas incidencias nas estradas de Lugo. Así, prohibiuse o paso de camións e vehículos articulados na LU-633, entre Pedrafita e Queixadoiro; e está prohibido adiantar para os vehículos pesados en varios tramos da A-6 (entre Pedrafita e Nocedo e entre Pedrafita e Valcarce, León). Esta prohibición afecto tamén aos vehículos pesados que circulen pola A-52 ao seu paso pola Mezquita, Riós, Monterrei e Trasmiras, así como pola N-525 na zona da Gudiña.

Igualmente, a DGT pide precaución na N-6 entre O Castro (León) e A Pía (Lugo), e en toda a rede secundaria, especialmente en zonas de montaña, polas nevadas. Unha desas estradas afectadas é a LU-530 na zona da Fonsagrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...