InicioSociedadeAs cifras da violencia de xénero que manexa o Goberno na provincia...

As cifras da violencia de xénero que manexa o Goberno na provincia de Lugo

A unidade contra a violencia de xénero da subdelegación do Goberno en Lugo contabiliza 468 casos activos, a metade deles na capital provincial

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coincidindo coa formación de goberno en Andalucía, por vez primeira na historia da democracia a través dun pacto coa ultradereita, o Goberno tenta concienciar sobre a importancia da loita contra a violencia de xénero. Faino a través da publicación das cifras de mulleres vítimas desta lacra: son 468 os casos activos na provincia de Lugo.

Atendendo a esta magnitude, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, fixo un chamamento á implicación social nesta loita. “As institucións non podemos baixar a garda, sería indecente non protexer ás vítimas da violencia machista”.

Rodríguez considera “absolutamente necesario o compromiso de todas as administración, e da sociedade no seu conxunto, para dar protección ás mulleres vítimas da violencia machista”. A subdelegada, coa referencia da memoria da Unidade contra a violencia sobre a muller, salientou o feito de que 57 vítimas teñen máis dun caso con distintos agresores, ademais de contabilizar 73 investigados reincidentes.

O perfil das vítimas correspóndese maioritariamente cunha muller de entre 31 e 45 anos (o 42,85 por cento do total), con fillos e de nacionalidade española. Respecto da incidencia de casos de violencia de xénero entre a xente moza, foron dúas as denuncias efectuadas nas que a vítima é minor de idade, o que supón un 0,2 % dos casos coñecidos pola Unidade dependente da subdelegación do Goberno durante o ano 2018.

No referente ao lugar de residencia, o 48 por cento das vítimas viven no Concello de Lugo, e o resto, en municipios do resto da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...