InicioSucesosCondenan a dous anos de cárcere a un home por agredir sexualmente...

Condenan a dous anos de cárcere a un home por agredir sexualmente á neta da súa veciña

"Por que non lle fas iso a túa neta?", díxolle a nena ao home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere ao veciño da avoa dunha menor por agredir sexualmente á nena, que tiña 11 anos cando sucederon os feitos. Ademais, impúxolle a prohibición de aproximarse á vítima e de comunicarse con ela durante seis anos, así como catro anos de liberdade vixiada e o pagamento dunha indemnización aos representantes legais da menor de 8.000 euros, en concepto de dano moral. 

O tribunal considera probado que o procesado, de 72 anos, aproveitou que a vítima estaba soa na vivenda para pedirlle que lle axudase a introducir un tubo nun rocho. A menor, segundo consta na sentenza, accedeu e, unha vez dentro, o condenado, “co fin de satisfacer os seus desexos lúbricos e atentando contra a liberdade sexual da menor, comezou a dicirlle á nena que era moi guapa e a pedirlle que lle dera bicos, chegando a bicala na boca e a introducirlle a súa lingua, dicíndolle tamén que lle ía a facer unha masaxe, realizándolle tocamentos coas súas mans na zona vaxinal, por encima da roupa”.

A Sala relata na resolución que a nena “expresou a súa repulsa ante tal conduta e díxolle ao acusado: `por que non lle fas isto á túa neta?’, tras o cal logrou zafarse e escaparse, e meterse dentro da casa onde inmediatamente chamou á súa nai para contarlle o sucedido”. Os maxistrados conclúen que “nada empana a credibilidade subxectiva do testemuño da vítima, que reúne os requisitos necesarios a xuízo da Sala para constituír proba de cargo para desvirtuar o principio de presunción de inocencia”. 

Ademais, engade que as declaracións testificais relativas ao sucedido nos momentos posteriores ao incidente constitúen “un elemento periférico corroborador da declaración da menor, por canto os familiares directos confirman de forma unánime e coincidente o relato dos feitos, así como a súa disposición anímica e reacción”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o TSXG.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo levará a pleno a declaración de rehabilitación integral da Milagrosa e Feijoo

O Goberno local levará este mes á Xunta de Goberno Local a aprobación da...

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

A Deputación participa na presentación do libro ‘100 Olladas’ de ASPNAIS

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este...