InicioMedioambiente e PatrimonioO PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación...

O PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación de Altri

Representantes do PP reclamaron un "trato igualitario" para Galicia e que se esixan "os mesmos requisitos" que se piden para proxectos que se desenvolven noutras comunidades

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP subliñou este martes o seu apoio á implantanción da factoría de Altri na Ulloa e afeou a PSdeG e BNG de actuar como “sucursais” en Galicia do Goberno central ao que acusa de “castigar” á Comunidade galega.

Cargos populares a nivel autonómico encabezados pola secreteria xeral, Paula Prado, mantiveron un encontro en Palas de Rei con representantes locais do partido na comarca da Ulloa para cargar contra a postura de PSOE e BNG sobre o proxecto e para reclamar ao Executivo que preside Pedro Sánchez que facilite a chegada de fondos europeos para a creación da factoría.

Encabezados polo ‘número dous’ do partido, Paula Prado, e as responsables de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e Economía, María Jesús Lorenzana, os representantes do PP reclamaron un “trato igualitario” para Galicia e que se esixan “os mesmos requisitos” que se piden para proxectos que se desenvolven noutras comunidades.

“Nós imos seguir loitando para que non se castigue a Galicia e para que os nosos proxectos poidan ter financiamento”, aseverou a Lorenzana, conselleira de Economía no Goberno galego e que situou a socialistas “en contra do emprego e o desenvolvemento industrial de Galicia só por seguir as ordes de Sánchez”, mentres que lamentou que o Bloque “sexa incapaz de entender que o desenvolvemento industrial e o aproveitamento dos recursos son compatibles”.

Lorenzana asegurou que o Goberno “loita” por lograr financiamento comunitario para proxectos “que nin sequera iniciaron a súa tramitación ambiental” pero non o fai co de Altri, polo que instou ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a “pensar nas 2.500 familias que poderían ter emprego na comarca da Ulloa” se a factoría leva a cabo.

A responsable de Medio Ambiente apelou a combater as “fake news” que, di, vértense sobre o proxecto da multinacional portuguesa, pois “os informes que xa son públicos conclúen que cumpre estritamente todos os parámetros establecidos pola normativa europea, estatal e autonómica en materia de emisións e verteduras”.

“Eu o que lle pediría ao señor Besteiro e á señora Pontón é que sexan consecuentes cos seus actos e que, como representantes de Galicia, non deosten a nosa terra. Primeiro, porque estamos nuns Estados de Dereito no que hai que cumprir a lei como fai e sempre fará o Goberno galego. Segundo, porque hoxe é Altri pero mañá podería ser calquera outro proxecto na nosa comunidade”, aseverou.

Por último, o alcalde de Palas, Pablo Taboada, subliñou que o proxecto de Altri constitúe “o maior investimento que nunca se proxectou” na comarca e a provincia de Lugo “e un dos máis importantes que Galicia poida ter”.

“É un proxecto importantísimo para os nosos veciños e especialmente para aqueles que xa achegaron os seus currículos á empresa coa esperanza de poder conseguir un posto de traballo“, remarcou antes de incidir en que iniciativas deste tipo “son a única vía para gañar poboación e non perdela ano tras ano” no rural galego.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...