InicioCulturaA galaica Copora e o lucense Yoe33 xa están na final dos...

A galaica Copora e o lucense Yoe33 xa están na final dos 25 mellores murais do mundo

Ata o vindeiro domingo 9 de xullo é posible votar e apoiar ao lucense Yoe33 na súa carreira cara o premio ao mellor mural do mundo de Street Art Cities

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai dous meses e medio Yoe33 comezou unha obra mural que vai camiño de facer historia. A galaica “Copora” (nome da tribo galaica que habitaba as terras de Lugo) xa está no camiño dos recoñecementos internacionais.

Se a semana pasada era seleccionada entre as 100 mellores obras do mundo no mes de xuño do 2023, esta semana xa está na carreira das 25 aspirantes ao galardón. Un galardón que levaría posteriormente a converterse en candidata a ser a mellor do ano enteiro.

A plataforma Street Art Cities (a maior comunidade de arte urbana do mundo) abriu as votacións e a sorte está botada. Quen queira participar pode facelo a través do formulario de votación que case diariamente comparten nas súas historias de Instagram. Moita sorte para o noso Yoe!

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...