InicioCulturaUnha obra do lucense Rubén Paz no colexio Cervantes, nominada a mellor...

Unha obra do lucense Rubén Paz no colexio Cervantes, nominada a mellor mural do mundo no mes de agosto

A arte urbana lucense segue imparable no 2022. Se no 2021 o mural de Xulio César de Diego AS gañaba o premio ao mellor mural do ano a nivel mundial, este ano o tamén lucense Rubén Paz está optando a ser de momento o mellor do mes de agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pouco máis dun ano despois de que o lucense Diego AS gañase o premio ao mellor mural do mes de xullo do 2021, o tamén lucense Rubén Paz compite agora polo mellor mural do mundo deste mes de agosto do 2022.

A arte urbana lucense demostra que continúa na súa idade dourada, e por segundo ano consecutivo un artista lucense opta a ser recoñecido como autor do mellor traballo artístico do planeta segundo a plataforma Street Art Cities.

Nesta ocasión trátase dun graffiti elaborado na entrada do colexio Cervantes de Lugo, no Camiño de Pipín, entre os barrios da Milagrosa e da Piringalla.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...