InicioSociedadeVeciñanza pide a "inmediata paralización" das obras entre o Camiño Primitivo e...

Veciñanza pide a “inmediata paralización” das obras entre o Camiño Primitivo e a Muralla

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un colectivo de persoas, baixo a campaña ‘Outro garañón… na Muralla?’, veñen de facer unha concentración este xoves diante do Concello de Lugo para esixir a “inmediata paralización” das obras de urbanización que se están a acometer na confluencia do Camiño Primitivo e a Muralla, dous dos Patrimonios da Humanidade que ten a cidade de Lugo.

Así mesmo, o colectivo pide a retirada da Modificación Puntual do PEPRI no quinteiro 214A, e a redacción dun novo plan “máis respectuoso” co lugar con tanto valor histórico e patrimonial para a cidade.

A vindeira mobilización será o luns 27 de xullo ás 20 horas nas inmediacións da Porta de San Pedro, e repetirase semanalmente ata conseguir a paralización destas obras, explican nun comunicado.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...