InicioSen categorizarLugo, a única provincia onde aumenta a presión hospitalaria pola Covid

Lugo, a única provincia onde aumenta a presión hospitalaria pola Covid

Ten dúas persoas ingresadas na UCI tras comezar a semana sen ningunha.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia descenden a 508, que supoñen 40 menos que os rexistrados o día anterior, mentres que os casos activos ascenden por segunda xornada consecutiva ata os 9.883 –implican 344 máis–, tras detectarse outros 845 novos contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 41 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 17 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –una menos– e a 491 as ingresadas en unidades convencionais –39 menos–, mentres que 9.375 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. O pasado venres, 20 de maio, había 657 hospitalizados, 27 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete, salvo na de Lugo que se mantén, ao rexistrar dúas persoas ingresadas por Covid en UCI –unha máis– e 30 noutras unidades –unha menos–.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 suman dúas xornadas consecutivas en aumento ao ascender a 9.883, que implican 344 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (845) que altas (501), mentres que Sanidade non notificou falecidos con respecto ao día pasado.

O aumento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+75), seguida da da Coruña e Cee (+68), Ourense (+60) e Lugo (+46) que queda con 1.064 casos activos.

ÚLTIMAS

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...