InicioCulturaMúsica, obradoiros, contacontos... Todo o que podes facer en Lugo polas Letras...

Música, obradoiros, contacontos… Todo o que podes facer en Lugo polas Letras Galegas

O 17 de maio a área de Cultura agasallará libros a todas as persoas que se acheguen á praza Maior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo vén de presentar as actividades organizadas de cara ao día das Letras Galegas, co obxectivo de “mostrar a presenza do galego nas distintas artes e na rúa todos os días do ano”.

O propio 17 de maio, a área de Cultura agasallará un libro en galego a todas as persoas que se acheguen á praza Maior. A actividade terá lugar entre as 12 e as 13:30 horas, e as persoas que o desexen levarán un libro procedente do fondo bibliográfico municipal. “Quixemos repetir esta actividade que é un éxito cada vez que a organizamos, e que nos permite achegar as obras do fondo bibliográfico municipal a todas as veciñas e veciños”, afirmou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

O Cemiterio Municipal acollerá, ademais, un concerto da agrupación Claustromusical e unha lectura poética de textos o 17 de maio a partir das 13:00.

As actividades do día das letras comezan o sábado 14, con contactontos no Vello Cárcere ás 11:30 e ás 18:00. Ademáis, o Vello Cárcere organizará obradoiros infantís entre o 16 e o 22 de marzo, ademais das actividades Pequeviñetistas; A historia de Florencio Delgado Gurriarán, orientada para crianzas de 6 a 12 anos, o luns 16 ás 18h. Co gallo do día das Letras Galegas, para rapazada de 3 a 8 anos, o martes 17 ás 17.30h, e Co gallo do día dos museos, o mércores 18 ás 17.30h, para menores de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos.

A asociación Cántigas e Frores celebrará o día das letras con actuacións na rúa polo recinto histórico, os días 15 e 19 ás 12:00. Ademais, Lugo acollerá a Feira do Libro entre o 17 e o 22 de maio.

As corais de Lugo tamén organizarán unha homenaxe a Florencio Delgado Gurrriarán o propio 17 de maio, a partir das 18h, no quiosco da Praza Maior. Contará coa presenza da Coral Xolda Polifónica, Solo Voces, Schola Gregoriana Lucensis, Cantar Delas, Orfeón Xoán Montes Conjunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral do Hospital de Lugo, Coral Ecos do Miño Astelu e Orfeón Lucense.

Por último, as orquestas CMUS Xoán Montes darán un concerto no Vello Cárcere o 18 de maio a partir das 19h.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...