InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo será a nova vicesecretaria xeral do PSdeG

A alcaldesa de Lugo será a nova vicesecretaria xeral do PSdeG

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, será a presidenta, e o o edil coruñés José Manuel Lage Tuñas levará a Secretaría de Organización.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, será a presidenta do PSdeG na executiva liderada por Valentín González Formoso, na que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ocupará a vicesecretaría xeral e o edil coruñés José Manuel Lage Tuñas a Secretaría de Organización.

Así o confirmaron fontes socialistas, que sinalan que o alcalde de Vilagaríca e presidente da Fegamp, Alberto Varela, terá un papel destacado na área de Política Municipal. Ademais, a ourensana Marga Martín farase cargo de Política Social.

O nomeamento de Carmela Silva como presidenta do PSdeG, cargo que ocupaba o senador Xoaquín Fernández Leiceaga durante a etapa de Gonzalo Caballero á fronte do PSdeG, enmárcase na intención de Formoso de incorporar á dirección do partido á agrupación de Vigo, na que Gonzalo Caballero se impuxo nas primarias celebradas o pasado 30 de outubro.

Fontes próximas a Formoso sinalaron nos últimos días que o novo secretario xeral daría un papel destacado ao municipalismo coa vista posta nas eleccións locais de 2023. Así, unha alcaldesa, a lucense Lara Méndez, ocupará o número dous do partido, no que o rexedor de Vilagarcía e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) tamén ocupará un papel destacado, á fronte da área de Política Municipal.

Pola súa banda, o tenente da Alcaldía da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, será o responsable de Organización. O edil coruñés é unha persoa moi próxima ao novo secretario xeral. Así, xa ocupou esta responsabilidade na estrutura provincial do partido na Coruña durante a etapa de Formoso como líder provincial.

De cara á conformación da executiva, ademais, fontes próximas a Formoso sinalaron que se prevé que o novo secretario xeral incorpore a persoas que apoiaron a Gonzalo Caballero durante o proceso de primarias. Con todo, estas fontes subliñaron que a aposta pola integración levaría a cabo “non por cotas” senón por “valía”.

Outra das incógnitas do congreso será a conformación do comité nacional nun contexto no que Gonzalo Caballero avanzou que presentaría unha lista alternativa se non se producía un exercicio de integración por parte da nova dirección.

Precisamente, este asunto motivou un dos momentos de tensión na xornada deste martes, cando o político vigués pediu a palabra no plenario alegando unha “cuestión de orde” para denunciar que o presidente do XIV Congreso, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, negábase a informar das regras para a presentación de candidaturas a este órgano.

Na tarde deste martes, ademais das negociacións para a conformación da executiva tamén se celebraron as cinco comisións postas en marcha para o debate das emendas ao Relatorio Marco do XVI Congreso do PSdeG, un documento que servirá de folla de ruta para a acción do partido durante o próximos catro anos.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...