InicioLugo e contornaLugoCoñece Lugo comendo

Coñece Lugo comendo

A Deputación presenta Saborea a túa provincia, unha iniciativa que pretende dinamizar a economía de nove concellos a través da súa gastronomía e produtos típicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coñecer Lugo comendo. É a proposta da Deputación de Lugo para este verán. O seu presidente, José Tomé Roca, anunciou este martes a posta en marcha do programa Saborea a túa provincia cunha demostración das xornadas gastronómicas e lúdicas que percorrerán a provincia.

Viveiro acollerá este sábado, 31 de xullo, a primeira parada do Saborea, unha cita gratuíta que recalará tamén nos concellos de Burela, Lourenzá, O Valadouro, A Fonsagrada, Guitiriz, Láncara e Monforte de Lemos ao longo das fins de semana do mes de agosto. Para levar un control dos asistentes, e poder aplicar todas as medidas de prevención da Covid, repartiranse entradas que se poderán recoller en cada concello ou no propio recinto.

José Tomé, que compareceu esta tarde na praza de San Marcos xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, lembrou que Saborea a túa provincia é unha medida incluída no Plan de Impulso da Economía da Provincia que ten como obxectivo “promocionar e incentivar o consumo dos produtos de calidade da nosa terra, como fórmula para dinamizar a economía dos concellos e para axudar na recuperación da hostalería, do turismo, do comercio e dos pequenos produtores, que viron moi mermada a súa actividade pola pandemia.”

Saborea a túa provincia nace ademais con vocación de continuidade. Como demostración do que acontecerá en cada unha destas xornadas, un autobús repartiu, diante do Pazo de San Marcos, produtos gastronómicos entre a veciñanza, que tamén puido escoitar os ritmos do grupo Atlántica e desfrutar dunha actuación de maxia a cargo do Mago Rafa. Tamén se sortearon diferentes lotes gastronómicos con produtos de proximidade entre os asistentes. Ao acto asistiron deputados e deputadas provinciais e tamén os alcaldes e alcaldesas dos diferentes concellos nos que recalará esta cita lúdica e gastronómica.

NOVE CONCELLOS

As demostracións culinarias e as degustacións que se celebrarán no autobús do Saborea a túa provincia terán lugar entre as 12.30 horas e as 14.00 horas e os cociñeiros e cociñeiras utilizarán para as súas elaboracións os produtos de proximidade máis característicos de cada concello. Entre as receitas que se elaborarán:

Viveiro. O sábado 31 de xullo elaborarase merluza de Burela salgada e curada con vizcaína dos seus callos a cargo de Michel Cociña, do restaurante Fumieiro (Covas).
Burela. O domingo 1 de agosto farase bonito curado, crocante de curri e vinagreta da man de Bruno Pena, do restaurante Oca Playa (Foz).
Lourenzá. O sábado 7 de agosto cociñarase faba de Lourenzá IXP con espada en escabeche e clorofila de codium polo cociñeiro do Asador del Alba (San Cosme de Barreiros), Jesús Villarino.
O Valadouro. O domingo 8 de agosto elaborarase merluza de Burela e aliño de mel do Valadouro a cargo de Bruno Pena, do restaurante Oca Playa (Foz).
A Fonsagrada. O sábado 14 de agosto farase troita curada, brioche e alioli de escabeche e sopa de mel e vainilla, biscoito de limón e migas de chocolate da man de Pablo Vila Cano, do restaurante Oca (Santiago).
Guitiriz. O sábado 21 cociñarase touciño de Porco celta glaseada con pementos de Mougán e os seus crocantes da man do cociñeiro Santi Almuiña, do Mesón Colón (Nadela).
Vilalba. O domingo 22 elaborarase un canelón recheo de capón de Vilalba trufado con espuma de San Simón e flor de allo a cargo do cociñeiro de Pascuais Eventos (Parada de Outeiro de Rei) Diego López.
Láncara. O sábado 28 de agosto cociñarase galo de Mos en tres coccións con San Simón, por Santi Almuiña, do Mesón Colón (Nadela).
Monforte de Lemos. O domingo 29 de agosto farase tenreira “arábiga” con parmentier de moca e nata solla do cociñeiro Manuel Fernández, do restaurante Manuel Bistró (Monforte de Lemos).

ÚLTIMAS

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...

A Deputación de Lugo reivindica o seu modelo de residencias de maiores

O responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Detido un home en Lugo tras ameazar e tratar de agredir aos axentes que interviñeron

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo a un home que os ameazou e...