InicioSociedadeA Xunta informa dun novo falecido no Hula por covid

A Xunta informa dun novo falecido no Hula por covid

Trátase dun home de 85 anos que morreu o pasado 14 de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou este luns doutros 14 falecementos relacionados coa covid-19 en Galicia producidos nos últimos días, concretamente, aos días 14, 15 e 16 de febreiro.  Deste xeito, a cifra total de falecidos por mor da pandemia elévase a 2.138.

Dos falecidos comunicados este martes catro son da área de Ferrol, tres son da área de Ferrol e A Coruña, dous da área de Vigo e Ourense, respectivamente e un da área de Santiago, Pontevedra e Lugo, respectivamente.

Este é o balance comunicado polo Sergas:

Día 14 de febreiro:
Home de 85 anos, no Hula.

Día 15 de febreiro:
Muller de 95 anos, no Chuf. Procedía da Residencia Mi Casa de Ferrol.
Muller de 77 anos, no Chuf.
Home de 85 anos, na Residencia Mi Casa de Ferrol.
Home de 89 anos, no Chuac.
Home de 92 anos, no Chus.
Home de 95 anos, no Chuo.
Muller de 68 anos, no Chop.

Día 16 de febreiro:
Home de 91 anos, no Chuf.
Muller de 63 anos, no Chuvi.
Muller de 91 anos, no Chuvi.
Home de 84 anos, no Chuac.
Home de 85 anos, no Hospital de Valdeorras. Procedía da Residencia de Maiores de Larouco.
Muller de 95 anos, no Chuac.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...