InicioSucesosDetido na estación de buses de Lugo por ocultar 330 gramos de...

Detido na estación de buses de Lugo por ocultar 330 gramos de cocaína nun bocadillo

A Policía Nacional xa lle viña seguindo a pista a este perruqueiro dende investigacións anteriores contra a distribución de droga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron onte na estación de autobuses de Lugo a un perruqueiro que regresaba á cidade despois dunha viaxe a Cataluña e traía canda si 330 gramos de cocaína ocultos no interior dun cacho de pan, aberto para facer un bocadillo.

Despois dunha investigación policial iniciada o ano pasado, no transcurso da cal foran arrestadas varias persoas por distribución de drogas na contorna da rúa García Abad, o agora detido deixou o salón de peiteado que rexentaba, supostamente coa intención de regresar ao seu país de orixe.

Ao ter coñecemento do seu regreso á cidade e ante as sospeitas de que podería estar a se dedicar de novo á venda de substancias estupefacientes, a Policía Nacional despregou un dispositivo de vixilancia para ter controlada a súa contorna.

Grazas a esas pescudas, a policía tivo coñecemento de que o sospeitoso viaxara en tren a Barcelona, de modo que se puxo en marcha unha operación para controlar o seu regreso á cidade.

O detido portaba droga no interior dun bocadillo | ALX

Onte pola mañá, foi detectada a súa presenza polos axentes de servizo cando se baixaba dun transporte procedente de Cataluña na estación de autobuses de Lugo. Tras recoller a súa maleta, o sospeitoso foi interceptado e os axentes empezaron a rexistrar os vultos que portaba.

MÁIS MATERIAL INCAUTADO

Nun paquete que levaba no interior dunha bolsa de man, os axentes atoparon 160 gramos de substancia de corte e un bocadilloo, en cuxo interior acharon 330 gramos de cocaína protexidos cun envoltorio de plástico. O sospeitoso tamén levaba encima 16 gramos de marihuana, un blíster con pastillas e 205 euros en efectivo.

Posteriormente, no rexistro realizado no salón de peiteado da súa propiedade, foron intervidos catro blísters con pastillas, unha pistola de aire comprimido e envoltorios de plástico, supostamente utilizados para a venda de droga polo miúdo. O detido será posto hoxe a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...