InicioPolíticaO PSdeG demanda que a Xunta publique as medidas adoptadas na...

O PSdeG demanda que a Xunta publique as medidas adoptadas na residencia do Incio

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, solicitou ao Goberno galego o informe das inspeccións realizadas nas residencias "incluíndo as medidas de corrección tomadas naqueles casos" nos que os informes "así o determinasen".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG solicitou á Xunta que faga públicas as medidas adoptadas para controlar o brote de covid-19 rexistrado na residencia de maiores do Incio.

Así figura nunha batería de iniciativas parlamentarias rexistrada na Cámara galega nas que os socialistas reclaman información sobre as decisións decretadas, a nivel de prevención e de reforzo de persoal, para facer fronte á primeira onda da pandemia nos centros de toda Galicia.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, solicitou ao Goberno galego o informe das inspeccións realizadas nas residencias “incluíndo as medidas de corrección tomadas naqueles casos” nos que os informes “así o determinasen”.

Neste sentido, cre “urxente” saber “que tipo de recursos e medidas tiñan no Incio antes de iniciarse os contaxios, e saber cales foron os motivos dun contaxio masivo de tal magnitude”.

Deste xeito, Ortega pide á Xunta que informe se o centro dispuña da totalidade do persoal antes de iniciarse o brote ou se se foi incrementando o persoal para reforzar a súa contención.

“Nunha das situacións máis complexas que estamos a vivir en Galicia por causa da pandemia é vital incrementar as medidas encamiñadas á contención do virus, especialmente en espazos vulnerables, como é o caso das residencias de maiores”, incidiu a deputada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...